Natureza e Montaña nas Rías Baixas

ITINERARIO 

DÍA 1. CIDADE ORIXE - RÍAS BAIXAS - RUTA “DA PEDRA E DA AUGA” - MOSTEIRO DA ARMENTEIRA 

Saída á hora indicada dirección ás Rías Baixas. Chegada e xantar no hotel. Pola tarde faremos un tramo da “Ruta da Pedra e da Auga”. A ruta transcorre á beira do río Armenteira polos municipios de Ribadumia e Meis, no corazón do Salnés, unha bela e turística comarca próxima á ría de Arousa, con magníficas praias na franxa litoral e fermosas estampas vitivinícolas no interior. O sendeiro coincide cun vello camiño que a poboación local percorría cada luns de Pascua para subir ata o mosteiro da Armenteira. Continuaremos cara ao mosteiro da Armenteira. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento. 

DÍA 2. VIGO - SANTA TREGA - BAIONA 

Almorzo. Saída cara a Vigo para realizar unha visita panorámica coñecendo as principais arterias da cidade. Despois visitaremos un dos seus edificios máis singulares, o pazo de Castrelos tamén coñecido como Museo Quiñones de León. Xantar en restaurante. 

Pola tarde trasladarémonos ao monte de Santa Trega onde gozaremos das impresionantes vistas da desembocadura do río Miño facendo fronteira con Portugal. Finalizaremos o día en Baiona, onde coñeceremos a Casa da Navegación e unha recreación da carabela A Pinta de Colón. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento. 

DÍA 3. O GROVE - A TOXA - CIDADE ORIXE 

Almorzo. Pola mañá faremos visita do Grove e A Toxa. O Grove é coñecido como “a capital do marisco” e A Toxa famosa polos produtos cosméticos, elaborados cos sales das súas augas termais. Destaca a capela das Cunchas. No Grove realizaremos unha panorámica de toda a península con subida ao miradoiro da Siradella. Xantar no hotel. Saída cara ao lugar de orixe. Chegada e fin dos nosos servizos. 

OPCIONAL 

Paseo en barco a bordo dun catamarán pola ría de Arousa, con degustación de mexillóns. 

PREZO: 15€ 

 

O PREZO INCLÚE: 

  • Aloxamento en réxime de PC 
  • Guía acompañante 
  • Transporte en autocar 
  • Xantar en restaurante 
  • Mosteiro da Armenteira 
  • Museo Quiñones de León 
  • Casa da Navegación 
  • Carabela A Pinta de Colón

 

“Este paquete turístico podrá ser financiado con el plazo máximo de un año sin ningún tipo de comisión o gasto adicional. En todo caso la formalización de la operación quedará a expensas de la entidad financiera, que podrá rechazar la operación por criterios de riesgo.“ 

 

 INFORMACIÓN Y RESERVAS • 981 30 32 57 - 686 498 945 

Informação Geral

Introduza os detalhes da sua reserva.

Produto em Manutenção