3 DÍAS / 2 NOCHES
Itinerario
DÍA 1. CIDADE ORIXE - FOZ - BURELA - SAN CIBRAO
Saída á hora indicada dirección á provincia de Lugo. Chegada ao hotel para o xantar. Pola tarde iremos bordeando a Mariña lucense con poboacións como Foz e Burela. Visitaremos a fábrica de Sargadelos, histórica fundición militar e actual fábrica de cerámica de luxo, moi representativa de Galicia, fundada a finais do século XVIII polo marqués de Sargadelos e situada nunha fermosa paraxe rural.
Continuaremos cara á próxima localidade pesqueira de San Cibrao, para visitar o seu Museo Provincial do Mar, as súas antigas cetarias e o faro de Punta Atalaia. Cea e aloxamento.
DÍA 2. VIVEIRO - MONDOÑEDO
Almorzo. Pola mañá visita a Viveiro, principal cidade da Mariña Lucense. Nela poderemos coñecer o Souto da Retorta, declarado monumento natural, un agradable paseo a beiras do río Landro.
Despois dirixirémonos ao centro histórico para visitar o seu patrimonio artístico e cultural. Xantar no hotel.
Pola tarde, achegarémonos a Mondoñedo. A súa zona vella está declarada ben de interese cultural. Nela atopamos o seu edificio máis significativo, a catedral, coñecida como a “axeonllada”, onde poderemos coñecer o seu Museo Catedralicio. Ademais de percorrer a súa zona vella, achegarémonos ao barrio dos Muíños. Cea e aloxamento.
DÍA 3. LUGO - CIDADE ORIXE
Almorzo. Pola mañá visitaremos Lugo, nacido do campamento romano Lucus Augusti, cuxas murallas romanas foron declaradas patrimonio da humanidade. Visitaremos o Centro de Interpretación da Muralla. Destacan a catedral de Santa María, o palacio de San Marcos e o convento de San Francisco, sede do Museo Provincial. Xantar en restaurante. Pola tarde regreso á cidade de orixe. Chegada e fin dos nosos servizos.