Partilhar
5 DÍAS / 4 NOITES
ITINERARIO
DÍA1. CIDADEORIXE- OURENSE- CIRCUÍTOTERMAL Saída á hora indicada dirección a Ourense. Breves paradas en ruta. Chegada ao hotel para o xantar. Pola tarde gozaremos dun circuíto termal no balneario. Cea e aloxamento.
DÍA 2. OURENSE - CIRCUÍTO TERMALAlmorzo. Pola mañá visitaremos Ourense, urbe de orixe romana, que posúe un importante patrimonio relixioso e medieval. Na nosa visita faremos especial fincapé nos seus principais atractivos, como a ponte romana, a capela barroca do Santo Cristo, situada na catedral de San Martín e as burgas, a fonte de auga termal situada en pleno corazón da cidade, motivo principal polo que os romanos decidiron que este era un bo lugar para asentarse. Pasearemos pola súa alameda e teremos tempo de coñecer o seu mercado municipal. Xantar no hotel. Pola tarde gozaremos dun circuíto termal no balneario.
DÍA 3. RIBEIRA SACRA- CRUCEIRO CANÓNS DO SIL Almorzo. Pola mañá, saída cara ao embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas do Sil, onde comezaremos un cruceiro para coñecer o seu patrimonio e gozar da pasaxe que forman os canóns do Sil. Xantar en restaurante. Pola tarde continuaremos coa nosa visita percorrendo os principais mosteiros que lle dan o nome de Ribeira Sacra, como o mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil e o mosteiro de Santo Estevo, actual parador de turismo onde poderemos facer unha visita polos seus claustros. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.
DÍA 4. MOSTEIRO DE OSEIRA - CEA - CIRCUÍTO TERMAL Almorzo e saída cara ao mosteiro de Oseira para visitar, con guía, o coñecido como “o Escorial galego”. Destaca especialmente, a igrexa do mosteiro, da época medieval, exemplo da arquitectura cisterciense e unha das xoias arquitectónicas da provincia. A continuación dirixirémonos a Cea para visitar a localidade. Finalizaremos o día coñecendo un forno tradicional de pan de Cea, con degustación. Xantar no hotel. Durante a tarde realizaremos un circuíto termal no balneario. Cea e aloxamento.
DÍA 5. CIRCUÍTO TERMAL - CIDADE DE ORIXE Almorzo e último día para gozar do circuíto termal no Balneario. Xantar no hotel. Pola tarde regreso á cidade de orixe. Chegada e fin dos nosos servizos.
TRATAMENTOEste itinerario inclúe un tratamento no hotel para o que será preciso acordar día e hora en recepción (só en caso de non estar indicado xa no bono de reserva).
O PREZO INCLÚE:
"Este paquete turístico podrá ser financiado con el plazo máximo de un año sin ningún tipo de comisión o gasto adicional. En todo caso la formalización de la operación quedará a expensas de la entidad financiera, que podrá rechazar la operación por criterios de riesgo."
INFORMACIÓN Y RESERVAS • 981 30 32 57 - 686 498 945
Introduza os detalhes da sua reserva.
1
Passo
2
3
Desde
O seu pedido foi enviado com sucesso! Brevemente entraremos em contacto consigo.
alert.error.pedido